O pasado día 17 de Maio celebrouse o Día das Letras Galegas, que neste ano van adicadas ao poeta Xosé María Díaz Castro.
Díaz Castro naceu 19 de Febreiro de 1914 en Guitiriz e morreu en Lugo no 1990. Traballou como tradutor no Instituto de Cultura Hispánica, ata 1966, dominaba ata 12 idiomas, entre elas o alemán, o francés, o inglés, o italiano, o portugués, holandés, linguas escandinavas, etc.
Está considerado autor dunha soa obra, o poemario "Nimbos" (1961), que tivo moita influencia nos poetas posteriores pola súa perfección, pola preocupación por Galicia, e polos problemas básicos do ser humano: a vida, a morte e o tempo. Díaz Castro adoita ser encadrado na Xeración do 36, a carón de poetas como Carvalho Calero, Celso Emilio Ferreiro, etc... E aquí un dos poemas máis coñecidos, que se titula "Penélope":
Cabe destacar que o día 17 de maio ademáis de celebrarse o día das Letras Galegas, celébrase o Día de Internet, que se conmemorou por primeira vez en 2005, e pretende dar a coñecer as posibilidades das novas tecnoloxías, para mellorar o nivel de vida dos pobos e dos seus cidadáns.
Un dos aspectos claves do día de Internet, é a liberdade de cada colectivo para decidir que fai, como o fai, e a quen dirixe as súas actuacións. Todos poden decidir o seu grao de implicación, e a todos se lles recoñece a mesma importancia.


No hay comentarios:
Publicar un comentario
¿Y tú que piensas?