miércoles, 19 de marzo de 2014

A Rede Social

10 anos despois da súa fundación, Facebook é a rede social co maior número de usuarios rexistrados no mundo. Sabemos que foi fundada por Mark Zuckerberg coa axuda de Eduardo Saverin, pero, ¿Qué máis sabemos?
A película máis destacada que relata a historia de Facebook, é A Rede Social (The Social Network), producida en 2010 e dirixida polo estadounidense David Fincher (coñecido por traballos como "Seven", "El Club de la Lucha" ou "El curioso caso de Benjamin Button").



ARGUMENTO:

A Rede Social conta a historia de Facebook, dende os seus comezos.

A historia transcurre na universidade de Harvard, na primeira escena, estan Mark Zuckerberg e a súa moza Erica nun bar onde esta corta con Mark debido a súa arrogancia, entón despois disto, e borracho, comeza a escribir mal dela no seu blog, isto motívalle a crear unha páxina chamada Smashface, onde comparaba as fotos de dos mulleres, e a xente votaba para elexir cal era máis "sexy", para isto hackea as páxinas de varias fraternidades de Harvard para así poder obter as fotos, para facer isto conta coa axuda do seu amigo Eduardo Saverin, que lle proporciona unha fórmula para poder lograr o seu acometido. Manda isto por correo a algúns estudiantes de Harvard, e estes a súa vez mandanos aos seus coñecidos, e de esta maneira en pocas horas logra que as liñas de Harvard se saturasen provocando a caída do sistema.
Isto provoca que sea levado ante un xurado de Harvard acusado por Hackear e obter as fotos sen permiso, atentando contra a integridade moral das mozas da universidade, é expulsado seis meses da escola.
Entón é contactado polos irmáns xemelos Cameron e Tyler Winklevoss, tamén estudiantes de Harvard, que creen que Mark é o axeitado para axudarlles, eles querían crear algo diferente chamado Harvard Connection, pero necesitaban un gran programador para levar a cabo este proxecto, invítanlle a formar parte do seu equipo e el accede, eles danlle toda a información, e el pensa facer outra cousa, o primeiro que fai é reunirse con Eduardo para comentarlle a idea que tivera de crear unha páxina web que fose diferente ás demais, e para isto pídelle unha pequena inversión de mil dólares, Eduardo accede, e xuntos crean "TheFacebook", unha ferramenta de conexións socias para o alumnado de Harvard. Os irmáns Winklevoss e o seu socio Divya, acusaban a Mark de roubarlles a idea, pero este negábao.

Mark e Eduardo pensan que é o momento de rentabilizar o seu proxecto, teñen unha cena con un importante empresario, Sean Parker (creador de Napster), este xa coñecía previamente os logros de Mark e Saverin. Sean deulles algúns consellos improtantes, como que cambiasen o nome da páxina a "Facebook".
A Eduardo non lle convenceu moito Parker, mentres que a Mark lle fascinou. Mark e Eduardo comezan a ter diferenzas na empresa, Saverin quería rentabilizar a empresa con patrocinadores, mentres que Zuckerberg non quería.

Finalmente Mark decidiu viaxar a California, Silicon Valley, como lle suxerise Sean, e transladou a empresa ata alí, cando Eduardo se enterou decidiu viaxar ata alí, e non lle gustou como estaba facendo as cousas Mark, así que que decidiu cancelar a conta de diñeiro que tiñan conxunta, Pasado o tempo, Facebook foi encontrando inversores, a empresa crecía, Eduardo ao ser director financieiro encargábase das contas, ademáis poseía o 30 % das accións de Facebook. Un día, os avogados da empresa reuníronse con el para hacerlle firmar un documento polo que lle iban aumentar o porcentaxe ata un 34%, firmou sen pensalo. Pero todo era unha trampa que prepararan Mark e Sean para deixalo na rúa. Cando Eduardo enterouse enfadouse moito, e decidiu demanda a Mark, xa que lle quitara o seu dereito de cofundador da empresa.

Por último, a película concurre nos xuzgados, onde Mark está obligado a pagar certas cantidades de diñeiro tanto a Eduardo como aos irmáns Winklevoss, e ao seu asesor Sean Parker.

A pesar de todo isto Mark Zuckerberg conseguiu o seu obxectivo, o de crear unha rede social que unise persoas de todo o mundo, e actualmente é o multimillonario maís xoven do mundo.


Eduardo Saverin (Andrew Garfield) e Mark Zuckerberg (Jesse Eisenberg)


PERSOAXES:



RECOÑECEMENTOS:

 Esta película tivo moito éxito en taquilla, e foi moi aclamada polos críticos. Tivo seis nominacións aos "Globos de Oro" das que gañou catro, mellor película dramática, mellor director (Fincher), mellor banda sonora e mellor guión.
Nos "Oscar" contou con oito nominacíons, das que gañou en tres categorías, mellor guión adaptado, mellor banda sonora, mellor montaxe.


OPINIÓN PERSOAL:

En xeral paréceme unha gran película. Ao principio pensaba que ía ser máis aburrida ao haber tantos temas xurídicos etc, pero a verdade é que é unha película divertida, con un bo ritmo, e con un fascinante guión, todo isto en gran parte grazas a magnífica dirección de David Fincher, que é capaz de relatar a historia de Facebook dunha forma moi completa e entretenida para o espectador. Tamén quero resaltar as actuacións, sobre todo a de Jesse Eisenberg, que clava dunha forma asombrante a Mark Zuckerberg, e moi boa actuación tamén a de Andrew Garfield interpretando a Eduardo Saverin. Pra min sen duda a mellor película de 2010. A miña nota é de 7,1.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

¿Y tú que piensas?