SEXTING
O Sexting consiste na difusión ou publicación de contenidos (principalmente fotografías ou vídeos) de tipo sexual, producidos xeralmente polo propio remitente a outras persoas por medio de teléfonos móviles.
Nestes casos a vítima sempre é un menor, e o acosador pode ser tanto un menor como un adulto, aínda que na maioría dos casos trátase dun adulto. En moitos casos no Sexting, existe Sextorsión, que consiste en que o menor é vítima de chantaxes por parte do acosador, é decir lle obliga a que lle envíe fotografías e demais contenidos de tema sexual.
GROOMING
O Grooming consiste nunha serie de accións deliberadas por parte dun adulto de cara establecer lazos de amizade cun menor por Internet, co obxectivo de obter unha satisfacción sexual mediante imaxes eróticas ou pornográficas ou incluso como preparación para un encontro sexual. O Grooming é un problema grave cada vez máis frecuente, e que xa pon en alerta á policía, e a diversas asociacións. As principales dificultades para atrapalo e terminar con él son o anonimato dos delincuentes, a inocencia dos menores, e a fácil accesibilidad a Internet. A diferencia do Ciberbulling, o acosador é un adulto, e existen unha intención sexual. Comunmente está relacionado coa pornografía ou a prostitución infantil.
-DIFERENZAS E SIMILITUDES
Nalgúns casos existen tanto Grooming como Sexting, por exemplo, un adulto faise pasar por un menor, e intenta establecer unha amizade cunha nena, entón existe caso de Grooming, e desemboca, no Sexting, o adulto pídelle á menor que lle envíe contido sexuais, etc, e nos casos extremos pode rematar cun encontro sexual. Polo tanto existen similitudes entre estes dous aspectos.
Unha difereza entre o Sexting e o Grooming é que no primeiro caso a vítima é unha menor (normalmente unha nena) e o que difunde os contidos pode ser tanto un menor como un adulto. E no Grooming a vítima é un/unha menor, é o delincunte é un adulto, que trata de gañarse a amizade do menor.
Estes dous términos tamen teñen similitudes co Ciberbulling que xá expliquei nunha das miñas entradas recentes, xa que existe un menor que sufre un acoso, aínda que neste caso e por outro menor e que pode desembocar en maltrato escolar, etc.
-COMO EVITAR ESTAS SITUACIÓNS:
- Pénsao antes de enviar calquer imaxe, vídeo ou calquer contido íntimo, xa que o que sae do teu propio móvil convértese en irrecuperable.
- Desnudez e minoría de idade, pornografía infantil: a pornografía infantil é un delito, cando se crea, se posee ou distribúe. Considérase pornografía infantil a protagonizada por quen non cumplira 18 anos. Por iso, si te chega un contido deste tipo, bórrao inmediatamente, ou se cres que a súa difusión está perxudicando a alguén, pono en máns dunha persoa adulta.
- A imaxe é un dato persoal, cuxo uso está protexido por ley, a imaxe dalguén non se pode utilizar sen o consentimento da mesma.
- Recibir ou tomar unha imaxe dunha persoa non che dá dereito a distribuíla.
- Non participes coa túa acción, risa ou omisión.
-CASOS REAIS
Sexting: No ano 2011, en Brasil, unha menor viu cambia-la súa vida da noite á mañá, cando un vídeo privado seu facendo un strip-tease grabado entre amigas, acabou en Internet e alcanzou 100000 espectadores nun só día. Ao parecer o vídeo foi obtenido pot un amigo do seu ordenador, que o subiu inmediatamente a Youtube, as repercusións na súa vida foron, baixo rendemento escolar, vergoña no traballo no que estaba en prácticas...Asegurou haber perdido moitas oportunidades á conta do difusión do vídeo, e anos despois, aínda segue resentida polo daño á súa imaxe pública.
Grooming: En Xuño de 2011, coñeceuse un grave caso de Grooming en España, realizado por un xoven residente en Chipiona (Cádiz), este facía pasarse por diversas personalidades para crear amizade con moitas menores, co fin de que estas lle envíasen contidos sexuais, se non accedían as ameazaba, e mediante técnicas de cracking, accedía aos seus correos electrónicos. As chantaxeaba continuamente ata que foi detido. Podes saber máis deste caso nesta páxina web.
-CASO EN GALICIA (SANTIAGO).
Un caso moi particular de Sexting foi o que ocorreu en Santiago, neste mesmo ano, onde un menor de 17 anos foi detido por difundir pornografía de nenas e acosalas. O acosador facíase pasar primeiro por unha rapaza de 16 anos, para gañarse a confianza das víctimas, e máis tarde se as menores non accedían a enviarlle máis vídeos, este ameazabalas con difundir os contidos que xa tiña no seu poder. Foi detido por posesión e distribución de pornografía infantil. Podedes saber máis sobre este caso entrando nesta nova de La Voz de Galicia.
Na miña opinión é moi triste que ocurran estes casos, e deberíanse tomar máis medidas para combatir o Sexting, o Grooming, etc. Creo que os menores que encóntranse nestas situacións deberían saber actuar, e para iso tiñan que estar máis concienciados de que os contidos que saen do seu poder son inrrecuperables.



No hay comentarios:
Publicar un comentario
¿Y tú que piensas?