O sindicato de Estudiantes di que tras un ano marcado por unha intensa movilización para frear a reforma franquista da educación "Ley Orgánica para a Mellora da Calidad Educativa" (LOMCE), que é o maior ataque á escola publica dende a caída da dictadura franquista, é necesario que neste novo curso redoblemos as nosas forzas para lograr a dimisión do ministro de Educación e paralizar asi todolos recortes e contrarreformas que siguen enriba da mesa.
"Aínda que dende a dereita intenten trasladar unha imaxe de normalidad e fortaleza, o certo é que o Goberno está cada vez máis aislado socialmente e salpicado por escándalos, como o caso "Bárcenas", qie non paran de implicar aos seus máximos dirixentes. Os mesmos que nos piden esforzo, sacrificio e excelencia son os que durante 20 anos, ao menos, estiveron financiando ilegalemente o seu partido e cobrando sobresoldos sen o menor sonroxo"
E continúa sinalando o Sindicato de Estudantes que "a todolos os ataques que fixéronse neste curso, temos que engadir o novo tasazo nas matrículas e o decreto que ameaza directamente a cen mil estudantes. Grazas á política do ministro Wert é imposible para miles de familias traballadoras poder asumilo pago de ata 3000 euros por curso para que os seus fillos podan manterse na universidad.
O sindicato sinala que a política do Partido Popular ten un único obxectivo: evitar que os mozos de familias de traballadores teñan acceso a unha educación pública, gratuíta, de calidade , ou poder ir á facultade.
Unha das últimas medidas que levou a cabo o PP é recortar as axudas para os libros de texto. É dicir, o goberno practicamente elimina as axudas para para mercar libros ás familias máis necesitadas.
Unha das últimas medidas que levou a cabo o PP é recortar as axudas para os libros de texto. É dicir, o goberno practicamente elimina as axudas para para mercar libros ás familias máis necesitadas.
É moi difícil para a sociedade entender que o Goberno di que non hai diñeiro para a educación, e eliminou estas subvencións para a compra de libros de texto, aínda que, con todo, no orzamento xeral do Estado aumentaron o diñeiro atribuído aos partidos políticos para preparar as eleccións europeas, ou que aumentou o orzamento para os coches oficiais, con 42 millóns de euros. É difícil para o público entender que hai diñeiro para coches oficiais, pero non para axudar as familias na merca de libros de texto para os seus fillos.
Na miña opinión persoal, eu penso que todolos estudiantes temos que reivindicar os nosos dereitos, e temos dereito a ter unha educación gratuíta e de calidade. E para iso, todo-los que estamos relacionados coa educación, temos que facer folga, e sobre todo presionar ao goberno, e ao Ministro Wert para que non se leven a cabo estas reformas. Xa que eu creo que se instaura a "LOMCE", moitos estudantes non poderán ir á universidade, e outros moitos non terán acceso ás becas, e tamén as novas xeracións de estudantes (que son os máis preparados dende hai moitos anos) non poderán matricularse outro ano, xa que os seus pais non poderán pagar as elevadas tasas.
DIMISIÓN DE WERT XA!
DIMISIÓN DE WERT XA!


No hay comentarios:
Publicar un comentario
¿Y tú que piensas?